As Pontes, 28 de marzo| Onte, 27 de marzo de 2017, tivo lugar a clausura do Obradoriro de Emprego Pontes de Emprego II, impulsado dende a Concellería de Economía, Emprego e Industria a través do “Programa mixto de emprego e formación para a mocidade” e que  contou coa  cofinanciación da Xunta de Galicia  o Fondo Social Europeo  e do Concello das Pontes.

Nesta segunda edición, tamén centrada nas posibilidades que ofrecen as TICs no mundo laboral, contouse coa participación de 12 alumnos e alumnas menores de 30 anos co fin de obter un certificado de profesionalidade en Confección e Publicación de Páxinas Web  que lles posibilite a futura inserción laboral no sector tecnolóxico. O proxecto contou tamén coa contratación de dous docentes, unha administrativa e unha directora.

Durante seis meses os alumnos-traballadores do obradoiro  a través da formación recibida traballaron na realización da páxina web do Mercado Municipal das Pontes que se  presentou por parte do alumnado no acto de clausura.

A Concelleira da Área de Emprego, Ana Pena  fixo entrega dos diplomas acreditativos da formación de recibida e valorou de forma positiva a colaboración  por parte das distintas administracións e da necesidade de seguir  impulsando políticas activas de emprego que axuden aos nosos mozos e mozas acceder o mercado laboral.