As Pontes, 22 de marzo| A aula CeMIT do concello de As Pontes segue programando actividades neste comezo de ano.

O día 3 comezará “Iniciación á informática e Internet”. Este curso está dirixido ás persoas que tiveron moi pouco ou ningún contacto co mundo da informática.

Comezaremos dende cero vendo como manexar ó ordenador. Seguiremos cunha introdución á navegación web e o correo electrónico.

Contidos:

  •  Qué é a informática. Usos dos ordenadores.
  • Uso de teclado e rato
  • Internet. Navegador.
  • Buscar información na rede. Google.
  • Páxinas e servizos de interés na rede.
  • Manexo de arquivos e cartafoles
  • Uso básico do correo electrónico

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.