O Concello de As Pontes na sesión plenaria celebrada no día de onte aprobou o Convenio firmado no mes de xuño con Endesa polo que pasan a formar parte do patrimonio de tódolos ponteses uns activos por valor de 77 millóns de euros( 12.780 millóns das antigas pesetas), e que permitirán levar a cabo proxectos de desarrollo económico, industrial, turístico e social.
Algunhas das propiedades que pasan a formar parte do patrimonio de tódolos ponteses son:
- Poboado das Veigas, a firma do convenio leva consigo a inclusión de un Plan de Rehabilitación do Poboado, no que Endesa invertirá algo máis de 4 millóns de euros.
- Propiedade do Complexo do Lar, pistas deportivas do Poboado, Campos de fútbol, así como as pistas de tenis.
- Propiedade do edificio das antigas Escolas, hoxe Conservatorio.
- Propiedade do Edificio do Tesouro.Antigo edificio destinado a oficinas por Endesa.
- Propiedade no Canal IV, todo o terreno ocupado actualmente polas distintas instalación deportivas e zonas verdes, así como os solares e o tramo de falso túnel.
- Cesión de uso do terreo comprendido entre a cota 337 e pista perimetral ó Lago das Pontes,incluída a práia.
- Propiedade do suelo ocupado pola praza da Lembranza.
- Propiedade da Residencia de Ingenieros de Endesa, que é un edificio, en uso por ASPANAES.
- Propiedade da Área Industrial Portorroibo, 200.000 m2 de terreo, así como das naves alí existentes.
- Propiedade en Saa, coñecido como campo da Festa de Saa.
- Cesión de uso do Conxunto etnográfico da Vilavella, composto de antigas viviendas restauradas e construccións auxiliares.
- Propiedade da antiga Escola de Aprendices.
- Propiedade da zona da Illa e os térreos colindantes co río Eume
- Propiedade do Antigo Cemiterio de Espiñaredo.
- Material para museo e exposicións, útiles, documentos, maquinaria etc.
- Propiedade da superficie de terreo adicional a pista de karts
- Dereito de servidumes para o acceso o lago dende Espiñaredo e Saa.
A aprobación plenaria inicial terá un periodo de exposición pública de 20 días.