As Pontes, 2 de xaneiro| O día 30 de decembro celebramos a clausura do Campus Lago das Pontes 2016 no Auditorio de Casa Dopeso.

Neste acto comezou coa proxección de fotografías e vídeos tomados durante o campus, continuou coa presentación dos adestradores e seguidamente dirixíronnos unhas palabras o director do Campus Chiqui Barros, o presidente do C. B. As Pontes Juan Eladio Pico e o Concelleiro de Deportes do Concello das Pontes Chicho Tembrás que unanimemente felicitaron aos participantes polo seu gran labor. Continuou coa entrega de trofeos e medallas aos participantes e finalizou coa foto de grupo e o desexo dun Feliz Ano a todos.

Foron 4 días moi intensos con moito basket e moita diversión para nenos e adestradores; ademais forxáronse novas amizades ou reforzado as xa existentes (sigo falando de nenos e adestradores).

Desde a Directiva temos que felicitar a nenos, adestradores, organización e a todas as persoas que colaboraron para poder levar a cabo esta sétima edición do campus do Nadal do C. B. As Pontes.

Agradecemos o apoio do Concello das Pontes así como o dos patrocinadores e colaboradores do club e, por suposto, a confianza dos pais que nos confían aos seus fillos un ano máis.

Baixo a dirección técnica de Chiqui Barros e Héctor Piñeiro, tivemos un elenco magnífico de adestradores: Manolo da Costa, Roberto Carlos Martínez, Alberto Rodríguez “Chufi”, Sonia Caaveiro, Javier Barcón, Verónica González, Elena López e a participación de Samuel Barros que, ademais do seu coñecemento técnico, demostraron a súa gran calidade humana.

Estaba prevista a asistencia do árbitro de ACB Juanjo Martínez pero finalmente non puido vir, aínda que nos enviou un vídeo de saúdo que lle agradecemos e esperamos contar con el en próximas edicións.

Grazas a todos e Feliz Ano 2017.