As Pontes, 5 de maio| En vista das dúbidas xeradas pola entrada en vigor da administración dixital no noso Concello convocamos aos veciños a unha charla informativa na que un técnico municipal vos dará as instrucións e directrices necesaria para acceder á sede electrónica do Concello e doutras administracións públicas, así como intentará resolver todas as dúbidas que poidan xurdir á hora de tramitar unha solicitude, ou calquera outra comunicación có Concello.

  • Data: mércores 10 de maio
  • Hora: 20:00h
  • Lugar: salón de actos da Casa Dopeso

Pregamos que fagades a maior difusión desta charla entre os vosos asociados, e así mismo pregamos que asistan as persoas da asociación que teñen que relacionarse directamente có Concello.