As Pontes, 29 de xullo de 2019. O Concello das Pontes pon en marcha, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude,  por cuarto ano consecutivo, o campamento de inmersión lingüística.
 
Este actividade, dirixida o alumnado de primaria do municipio, permitirá aos participates aprender a empregar a lingua inglesa, no día a día, a través de actividades de carácter educativo e lúdico entre as que destacan as clases de cociña,  as actividades deportivas, as sesións de baile e as excursións por diferentes puntos do casco urbano.
 
A primeira quenda desta nova edición do campamento municipal de inglés, comezaba hoxe, nas aulas da academia de inglés situada na Rúa da Saúde 23 e estenderase ata o 9 de agosto.  A segunda desenvolverase entre o 12 e o 23 de agosto e a terceira quenda será do 26 de agosto ó 6 de setembro.
 
O curso é de balde e aínda quedan prazas. @s interesad@s en participar poden incribirse ou solicitar máis información na OMIX, situada na Biblioteca Municipal, ou chamando ou enviando un whatsapp aos números 651 30 86 74 /667 31 66 71 ou ao 981 102 562.