As Pontes, 26 de outubro de 2021. O Concello das Pontes publica as bases que rexerán o concurso de cestas da XXXI Feira de Fungos e Cogomelos que se celebrará esta fin de semana.

As inscricións poderán realizarse antes da feira no telf. 673240434 ou no correo [email protected] ata o venres 29 de outubro ás 12:00h (deberán ter confirmación do Dpto. de Turismo da inscrición na feira), e o día 1 de novembro na feira antes das 10:30h.

As persoas concursantes deberán ter, cando menos, 18 anos que acreditarán presentando o DNI, aquelas da categoría xuvenil deberán ter entre 18 e 25 anos cumpridos o día do concurso (1 de novembro). Cada persoa só poderá participar cunha cesta.

Para concursar deberán presentarse exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres. As persoas concursantes deberán identificalos e poñer nome nos cogomelos que presenten. Non se empregarán especies protexidas.

Entre as persoas participantes repartiranse un 1º premio de 400 euros, un 2º premio de 200 euros, n 3º premio de 150 euros, un 4º premio de 100 euros e un 5º premio de 75 euros. Ademais haberá un premio especial xuvenil valorado en 75 euros e un premio especial de 400 euros

Máis info: VER BASES