As Pontes, 26 de outubro de 2021. O Concello das Pontes abre o xoves, 28 de outubro o prazo de solicitudes para o banco de alimentos (novembro 2021)
As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes do 28 de outubro ao 4 de novembro, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso) e deberán presentar a seguinte documentación:
-
Movementos bancarios dos últimos 6 meses de todas as contas bancarias da unidade familiar.
-
Última declaración do IRPF, ou Certificado de imputacións (no caso de non facela)
-
No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración xurada da situación económica da familia.
-
Último recibo de alugueiro ou hipoteca (se fose o caso).
-
Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.(se fose o caso)