As Pontes, 27 de outubro de 2021. O Concello das Pontes retoma, no mes de novembro, o curso en liña sobre a marca persoal na contorna dixital.

Unha formación, cuxa primeira quenda se desenvolveu entre maio e agosto, dirixida á poboación moza de entre 13 e 22 anos, que terá unha duración de 50 horas e que se impartirá os martes e os mércores, de 17:00 a 18:30 horas.

O obxectivo desta formación é ofrecer unha alternativa de ocio saudable á mocidade e que ao mesmo tempo lles permita aprender a xestionar de forma correcta ás redes sociais para crear unha marca persoal que permita ás mozas e mozos particpantes desenvolver e crecer persoal e profesionalmente, creando unha imaxe persoal dixital, atractiva, coherente e efectiva.

Así, neste curso aprenderanse as bases e claves da comunicación en redes sociais, afondarase na súa historia, ás persoas participatnes aprenderán a desenvolver visión de análise e capacidade para evaluar a súa pegada dicital e adquirirán coñecementos sobre diferentes ferramentas dixitais para crear a súa marca dixital, tanto persoal como profesional.

Tamén afondarán no coñecemento da estrutura da estratexia dixital e de marca persoal para poder aplicala de forma individual para lograr crear unha boa marca persoal, confiable e segura. Durante este curso tamén se abordarán cuestións como os bos e malos usos nas redes sociais e os perigos na rede: bullying, discriminación, ciberacoso, entre outras.

Hai 10 prazas dispoñibles e as persoas interesadas poden incribirse, ata o día 5 de novembro, no enderezo electrónico [email protected] facilitando o seu nome e apelidos, a situación profesional na que se atopa (estudante, [email protected], traballando) así como as redes sociais nas que está. Tamén deberán facilitar un teléfono de contacto.