As Pontes, 19 de febreiro de 2026. Valentín González Formoso, alcalde deste Concello, ao abeiro do disposto no artigo 21.1.e) da Lei 7/1985, do 2 de abril, FAGO SABER

Que o día 25 de febreiro de 2026, ao longo da mañá, vaise a realizar unha proba das sirenas da Presa da Ribeira, que no caso de producirse un incidente grave actuaría como elemento de aviso á poboación.

Esta proba vai servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer o seu son aos cidadáns. Máis aló destes sinais acústicos, a actividade dos veciños non se verá afectada, e poden continuar coas súas actividades habituais.

Faise público para coñecemento xeral.

Grazas pola súa colaboración.