As Pontes, 22 de xuño de 2021. O Concello das Pontes informa, con motivo da celebración, o domingo 27 de xuño, dunha nova edición do NorthWest Triman, das seguintes modificacións na circulación do municipio.

Estará prohibido circular (vehículos e peóns) e estacionar, desde as 07:00 horas ás 17:00 horas, nas seguintes rúas:

Avenida de Galicia
Avenida de Lugo
Rúa da Casilla
Avenida das Veigas
Rúa Rego do Muiño
Praza Hospital

Nos pasos de peóns, estes non terán preferencia sobre as bicicletas e turismo que se atopan circulando polo tanto, compre buscar un paso regulado por axentes da Policía Local ou Protección Civil para cruzar a estrada con seguridade.

Tamén estarán pechadas ao trafico as seguintes estradas:

AC101 ( As Pontes-Ortigueira) dende o Lago ata o Cruce do Brixeo (Pk nº 2) agás o acceso ao Lago.
AC105 (Glorieta Casilla-Glorieta Vilavella)
AC-861 (PK nº 27.5 (nova glorieta inmediacións Poboado das Veigas) ata Pk nº 29 Glorieta da autovía) e dende o Pk nº 26 (antigo tanatorio) ata o Pk nº 6 (Santaballa-Vilalba).

As persoas que desexen entrar ou saír da vila dirección Lugo, Ferrol, ou A Coruña, deberán facelo pola Praza do Hospital, Avenida da Habana, Rúa Presa de Alende, Rúa da Balsa (antigo tanatorio) e Autovía AG-64 na intersección do Polígono dos Airíos.

A veciñanza  de Ribadeume deberá acceder pola Glorieta de Penapurreira.

O acceso á estación de servizo da Casilla, será pola AC- 861 (nova estrada de circunvalación).