Entrarán en vigor, na madrugada do martes ao mércores, coa súa publicación no DOG.
Medidas aplicables a TODOS os concellos galegos
Durarán 3 semanas, como mínimo. desde o día 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro.
As reunións sociais quedan limitadas a conviventes.
A mobilidade redúcese ao concello.
Mantense o toque de queda de 22:00 a 06:00 horas
Seguen interrompidas as visitas aos enfermos excepto para cuestións de dependencia.
As universidades non renovarán as súas clases ata o 8 de febreiro e a primeira semana as clases serán en liña exclusivamente e a partir do 17 de febreiro tentarase retomar a educación presencial.
Actividades esenciais: supermercados, farmacias, gasolineiras son consideradas actividades esenciais e seguirán abertas. O comercio non esencial só poderá abrir ata as 18.00 horas.
O peche da hostalería será total. Só haberá servizo a domicilio, comida para levar e comedores de empresas.
Pechan os ximnasios. Só se permite o deporte individual ao aire libre. Sempre haberá que usar a máscara nos deportes individuais ao aire libre. Mantense a excepción das competicións federadas nacionais e internacionais. Continúa suspendida a competición automónica
Permanecerán pechados museos, bibliotecas e centros onde se realice calquera tipo de espectáculo.
Só permanecerán abertas as residencias e centros de días.