As Pontes, 16 de maio de 2023. O Campo Evaristo Puentes acollerá, maña, o campionato da Copa Xunta de Galicia de Rugby a Siete, competición na que se disputará o título galego na modalidadade olímpica deste deporte.

A proba organizada pola Federación Galega de Rugby, en colaboración do Club de rugby Fendetestas e o Concello das Pontes, reunirá a preto de 400 deportistas chegados desde todos os puntos da xeografía galega para pechar o calendario oficial do rugby galego.

A competición dará comezo ás 10:00 horas e cada partido terá dous tempos, de sete minutos de duración, durante a fase de grupos, mentres que as finais se desputarán a 10 minutos. As categorías que participarán neste encontro son a M14 , M16 e M18 en formato mixto e as sénior masculina e feminina.