As Pontes, 26 de xaneiro de 2024. O Concello das Pontes repartirá 7.275 euros en premios na cabalgata de entroido que se celebrará o martes, 13 de febreiro, a partir das 17:00 horas.

Nesta ocasión, o Concello das Pontes premiará as seguintes categorías: persoas adultas, categoría infantil, grupos e carroza e as persoas participantes só poderán inscribirse nunha única categoría.

No caso da categoría infantil (menores de 7 a 14 anos, ambos incluídos), As Pontes repartirá, tres premios de 50 euros, cada un, para os tres mellores disfraces individuais e tres premios de 75 euros, cada un.  para as tres mellores parellas.  Ademais haberá 30 premios, de 30 euros cada un, para os nenos e nenas participantes na modalidade meniñ@s (menores de ata 6 anos, incluídos).

Por outra banda, o Concello de As Pontes premiará ás tres primeiras parellas adultas clasificadas con 200, 175 e 150 euros, respectivamente e, na categoría individual, as persoas adultas que tomen a saída no desfile poderán gañar 150, 125 ou 100 euros se se sitúan entre os tres disfraces máis valorados polo xurado.

Na categoría de grupos, na que se diferenciarán dúas modalidades, en función do número de persoas que integren a agrupación. Así, os grupos de máis de 10 persoas optarán a tres premios de 700, 600 e 500 euros mentres que, entre as agrupacións de ata 10 integrantes repartiranse tres premios de 500, 400, 300 euros, respectivamente.

No caso das persoas que participen con carrozas (estruturas de grandes dimensión sobre rodas, autopropulsadas ou remolcada, confecionadas para a participación na cabalgata e convenientemente decorada) optarán a tres premios de 900, 700 e 500 euros.

Todas as persoas interesadas en participar no desfile de disfraces poderán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello, (cita previa nos teléfonos 667129389/667129380) ou ben a través da sede electrónica municipal, a partir do sábado 27 de xaneiro e ata o 12 de febreiro ás 12:00 horas.

BASES: DESCARGAR

SOLICITUDE PDF: DESCARGAR

SOLICITUDE WORD: DESCARGAR