qrf

As Pontes, 28 de setembro de 2020. A Xunta Local de Seguridade das Pontes aprobou está mañá, durante a celebración dunha sesión extraordinaria, a renovación do convenio entre o Ministerio de Interior e o Concello das Pontes para a incorporación do corpo da Policía Local ao sistema de Seguimento Intergal dos casos de Violencia de Xénero (VIOGEN)

Este convenio fai posible a coordinación da Garda Civil e a Policía Local en materia de protección das vítimas de violencia de xénero e permitirá aos axentes locais un acceso de consulta ao sistema de seguimento integral de expedientes para así realizar unha valoración de novas agresións e, deste xeito, graduar as respostas e medidas que se deben tomar en cada caso, co obxectivo de mellorar a eficacia na protección das vítimas de violencia de xénero, dando un paso máis para combater a lacra da violencia machista.

Ao término da sesión, presidida polo alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, Pilar López-Rioboó, e que contou coa participación do Concelleiro de Seguridade, Jose Ramón Alonso e a Concelleira de Benestar Social así como dos mandos da Garda Civil, do Corpo Autonómico da Policía, Policía Local e Protección Civil, o rexedor local subliñou a importancia da sintura da renovación deste convenio.

“Trátase dun sistema de colaboración entre o sistema xudicial, o sistema executivo e a Policía Local das Pontes. O Concello das Pontes asinou este convenio por primeria vez no ano 2012, fomos un dos primeiros concellos en facelo, e conleva ter unha Policía Local activa, dinámica e con implicación na protección das mulleres vítimas de violencia de xénero. Estamos moi orgullosos do traballo que se leva feito e aínda que o número de mulleres ascritas a este sistema no noso municipio neste momentos é moi baixo non podemos relaxarnos, non estamos completamente satisfeitos; con que só haxa unha muller que sufra violencia de xénero xa é motivo de preocupación, é unha situacion que condeamos e debemos perseguir”.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboó, indicou que un dos seus obxectivos desde que ocupa o seu cargo “era renovar todos os convenios existentes en materia de violencia de xénero e poñelos en marcha en concellos nos que non existían. Son instrumentos que serven para loitar contra a lacar da violencia machista e é unha satisfacción que o Concello das Pontes renove este convenio”.

Evolución da seguridade cidadá no municipio

Durante está reunión os mandos da Garda Civil expuxeron as cifras de evolución da seguridade cidadá e a convivencia no termo municipal das Pontes así como propostas de medidas para abordar os problemas detectados.

Deuse a coñecer a taxa delituosa no concello, a tipoloxía dos delitos, a porcentaxe de delitos esclarecidos así como os investigados, datos que están moi por debaixo das cifras provinciais e que sitúan a As Pontes como un concello seguro.

Neste sentido, o rexedor local apuntou que “a percepción que en ocasións se ten da seguridade non se corresponden coas cifras estatísticas reais, é algo frecuente nos concellos seguros; cando menor é o número de delitos maior é a percepción de inseguridade cando se produce un. As Pontes agora mesmo ten unha taxa de 6 delitos por cada mil habitantes, a taxa na provincia sitúanse en 32 delitos e a media a nivel nacional é de 46 delitos por cada mil habitantes, a taxa é moi baixa e é un feito que temos que agradecer ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que operan no noso municipio e sobre todo á Policía Local e á sociedade pontesa que fan que As Pontes sexa un municipio moi seguro”

 

qrf