As Pontes, 20 de setembro de 2022. As Pontes recibiu esta mañá á comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento europeo, un acto englobado dentro dunha visita de tres días de duración, por diferentes municipio galegos e asturianos, que permitirá aos parlamentarios e parlamentarias europeas coñecer de primeira man os retos e desafíos aos que se enfronta a industria do noroeste da península en materia de transición enerxética.

Valentín González Formoso, alcalde das Pontes, acompañado por Ana Pena, concelleira de Industria, e polo eurodiputado Nicolás González Casares participaron na visita que a misión europea, presidida polo alemán Jens Geiere na que participan los eurodiputados Marion Walsmann(Alemaña), Henna Virkkunen (Finlandia),Niels Fuglsang (Dinamarca),Izaskun Bilbao (España), Susana Solís (España), Pilar del Castillo (España) e Francisco José Millán Mon ( España), realizou a planta de ciclo combinado de Endesa nas Pontes.

Durante esta visita puideron coñecer de preto as instalacións da central, o seu funcionamento así como os plans de futuro da empresa propietaria das instalacións, tamén puideron afondar nas medidas e accións que se están a poñer en marcha no ámbito da transición enerxética.

Valentín González Formoso, cualificou de moi importante esta visita dos representantes europeos ao complexo eléctrico das Pontes “unha Europa que ten un problema enerxético estratéxico. Esta instalacións son estratéxicas a nivel nacional; estas centrais, tanto a de ciclo combinado como a de carbón, como as dúas centrais hidráulicas e os catro parques eólicos cos que contamos nos converten no principal complexo eléctrico do Estado. Agora mesmo é fundamental que se manteña a capacidade, a potencia e os centros instalados dada a inestabilidade e incerteza que está a sufrir o mercado enerxético europeo”.

“Polo que se prevé, vai durar máis tempo do desexable. A decisión do goberno de España de, compatibilizar as axudas de transición para o complexo das Pontes con manter viva unha parte das instalacións, durante unha tempada, paréceme un mínimo imprescindible e o axeitado” engadiu o rexedor local.