As Pontes, 21 de maio de 2026. As Pontes, 20 de maio de 2026. As Pontes Ecuestre regresará á contorna do Lago o próximo 6 de xuño. Será a cuarta edición do certame, que organiza o Club Hípico local Prado Ventura coa colaboración do Concello pontés e da Federación Hípica Galega.
Co anuncio da data oficial, o comité organizador confirmou tamén a apertura do prazo de inscrición para xinetes e amazonas no Concurso de Saltos Territorial, no Campionato Galego de Andadura e máis nas probas da II Liga Ferrol-Eume-Ortegal. Así, o trámite pode realizarse xa a través do portal web da federación (https://www.fhgallega.com/inscripcion-concurso?id=2402).
Neste contexto, a organización confía en reeditar os bos rexistros do pasado ano, cando preto de 200 xinetes e amazonas chegados de toda Galicia se daban cita no entorno do Lago, cumprindo os obxectivos do certame: fomentar a actividade e os deportes ecuestres no municipio e reforzar a promoción da vila como destino turístico ligado ao deporte e á natureza.
Por último, cómpre sinalar que todas as competicións que se desenvolverán no evento terán carácter exclusivamente federado, e serán xulgadas por oficiais habilitados pola Federación Hípica Galega. Así mesmo, todos os participantes deberán estar en posesión das súas correspondentes licenzas federativas en vigor para o ano 2026.



























