As Pontes, 27 de decembro de 2024. O Concello das Pontes pechará as actividades deportivas do ano 2024 coa tradicional carreira de San Silvestre que se celebrará o día 31 de decembro, a partir das 16:30 horas
A carreira, organizada polo Concello das Pontes disputarase sobre un circuíto de 2,5 quilómetros, con saída e chegada na Rúa Alexandre Bóveda e haberá catro categorías e unha andaina:
16:30 h -Biberón: 150 m (ano nacemento do 2017 en diante)
16:45 h -Sub12: 500 m (ano nacemento 2012, 2013, 2014, 2015, 2016)
17:00 h -Sub16: 1.000 m (ano nacemento 2008, 2009, 2010, 2011)
17:30 h -Absoluta: 5.000 m (ano nacemento 2007 e anteriores)
17:35 h -Andaina: 2.500m (todas as categoría)
As inscricións e recollida de dorsais faranse ese mesmo día desde as 15:30 horas na carpa situada no patio do CEIP Santa María e Os/as participantes menores de idade deberán ter o consentimento do/a tutor/a.
Desde o departamento de Deportes recórdase que a San Silvestre pontesa non é unha cita deportiva máis, é unha proba na que se mistura a práctica da actividade física coa diversión e, ebido ao carácter lúdico e non competitivo da proba, optouse por premiar ao mellor disfrace de cada unha das categorías, convidando ás persoas participantes a acudir cos seus mellores disfraces á proba e gozar da última tarde do ano. Ao remate da San Silvestre haberá chocolate para todas as persoas participantes.
REGULAMENTO: VER

























