RTVEume| O noso municipio vai acoller unha nave loxística destinada a albergar oficinas e a infraestructura necesaria para o mantemento de estradas.

A construcción desta instalación comezaba xa na AC 141, á altura de Goente, onde a Consellería decidía ubicala despois da demanda acompañada do ofrecemento das facilidades requeridas por parte do Concello pontés.

A instalación servirá de garaxe e almacenamento de maquinaria, sendo o punto loxístico de referencia da vía que une o Eume As Pontes e Pontedeume, vertebrando a bisbarra do Eume.

Esta actuación permitirá incrementar a capacidade de estacionamento a cuberto e de almacenaxe, sobre todo pensando na urxencia das actuacións nos intres de maior rigor climático, nos que a neve ou o xeo fan perigosa a circulación e precisan de actuacións urxentes.

Os primeiros traballos comezaron xa na parcela, polo que para o verán confíase na entrada en servizo desta instalación.