As cantareiras da Asociación Cultural Alende van realizar o vindeiro sábado 6 de xuño ás 20:30 h na Casa Dopeso un concerto baixo o título de Tradición. O repertorio estará formado por pezas tradicionais, moitas delas recollidas por un dos integrantes do grupo, Santiago Caneiro. O grupo das cantareiras está formado por voces, zanfona, frauta e percusión.
A tradición defínenos como pobo. Non é unha simple repetición de feitos, senón unha transmisión de sentidos e sentimentos. Sentimentos que agardan compartir co público que se achegue a escoitalas o vindeiro sábado.