As Pontes, 27 de outubre de 2025. O Concello das Pontes vén de adxudicar o do proxecto construtivo para a reparación da infraestrutura de paso sobre o río  Chamoselo, na Pedrafita, na parroquia do Aparral, á empresa GONNABA Construcciones y Reformas S.L.

Este proxecto, cun orzamento de 96.110 euros, ten como obxectivo dar resposta aos importantes danos estruturais provocados polas fortes precipitacións rexistradas nos últimos dous anos , que derivaron nun notable incremento do caudal do río que provocaron o colapso da estrutura actual, así como dos muros de escollera que protexían a estrada, provocando o afundimento do viario.

A intervención prevista contempla a súa demolición completa e a súa substitución por unha ponte de formigón armado executado in situ, de 6 metros de luz libre e 6 metros de ancho, asentado sobre muros de escollera.

A obra tamén inclúe a reposición do firme da estrada, nun treito de aproximadamente 50 metros, co obxectivo de garantir a durabilidade e seguridade da vía tras a intervención.

Este proxecto supón unha actuación estratéxica para a mellora da seguridade viaria, especialmente para a veciñanza de Pedrafita e do conxunto da parroquia do Aparral, e enmárcase dentro do compromiso do Concello de As Pontes coa conservación e modernización das infraestruturas municipais, sempre coa prioridade de garantir a mobilidade e o benestar da cidadanía.