As Pontes, 8 de xullo de 2021. O Concello das Pontes abriu, esta mañá, o paseo peonil da Avenida da Constitución tras finalizar as obras de rehabilitación do viario, quedando tamén reestablecido o tráfico rodado.

Os traballos financiados con fondos propios, cun orzamento de47.826,59 euros, estiveron orientados a mellorar a seguridade peonil por medio da substitución do pavimento existente, executado con lousa sobre morteiro, que debido á climatoloxía e á a antigüidade, resultava moi esvaradío.

Asi mesmo a obra executada permitirá optimizar os traballos de mantemento e seguridade do viario, evitando a reposicón de lousas por desprendemento e rotura.

Para levar a cabo estes traballos foi necesario demoler e retirar o firme existente, por a cota os pozos e as arquetas e extender un novo pavimento continúo con formigón coloreado.

Desde o Concello pídenlle desculpas á veciñanza polas molestias que estes traballos poideron ocasionar, nunha zona de paseo moi concorrida, así como polos cortes de tráfico levados a cabo para executar as obras.