As Pontes, 12 de febreiro de 2024. As Pontes acollerá, a partir do sábado, 24 de febreiro a III Mostra de Teatro Amador, unha iniciativa que aposta pola cultura local e que ten como obxectivos prioritarios apoiar ás pequenas compañías de teatro afeccionado, axudar ao sector amador e sobre todo promover o teatro de base.
Trátase dunha iniciativa coa que que queremos darlle continuidade ao traballo levado levado a cabo pola compañía local Quemaisten Teatro, promotora desta mostra, e fomentar a expresión artística teatral e seguir dando a oportunidade ás compañías amador de poñer toda a súa paixón no escenario, ofrecendo unhas obras de gran calidade que, temos o convencemento, sorprenderán ao público” sinala Lorena Tenreiro, concelleira de Cultura.
A mostra de teatro amador do Concello das Pontes desenvolverase durante os sábados dos meses de febreiro e marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi.
Arrincará o día 24 de febreiro coa obra o Paripé do cabaré, da compañía pontesa O Catre Teatro, a seguinte fin de semana será a queda para a compañía Muiñeiras do Vento, de Ferrol, coa peza Heroínas cotiás.
O sábado 9 de marzo chegará a As Pontes, a obra Agua de celos da compañía Ciollo e a mostra rematará coa obra Terapia de grupo, a cargo da compañía local, Quemaisten Teatro, o sábado 16 de marzo.
As entradas para todas ás representacións teatrais estarán á venda na plataforma dixital aspontes.sacatuentrada.es e na billeteira do Auditorio Municipal.