As Pontes, 1 de maio de 2020. O Concello das Pontes informa que mañá, 2 de maio, procederase á apertura das zonas verdes do municipio para a práctica de deporte individual e paseos, segundo ás normas establecidas na Orde SND/3380/2020, de 30 de abril, sobre as condicións nas que se poden realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Así procederase á apertura da Senda da Memoria, a zona verde do Parque Municipal, o Parque da Fraga e as zonas verdes da Canle IV entre outras. Tal e como recolle a Orde do Ministerio de Sanidade,  poderase circular por calquera vía ou espazo de uso público, incluídos os espazos naturais e zonas verdes autorizadas, sempre que se respecten os límites establecidos nesta orde. Non estará permitido o acceso a instalacións deportivas pechadas para a práctica das actividades previstas nesta orde e non se poderá facer uso de vehículo motorizado ou do transporte público para desprazarse a vías ou espazos de uso público co fin de practicar a actividade física prevista nesta orde.

Así mesmo, durante a práctica das actividades físicas autorizadas por esta orde deberá manterse unha distancia interpersoal con terceiros de polo menos dous metros. Débense evitar os espazos concorridos, así como aqueles lugares onde poidan existir aglomeracións e, na medida do posible, a actividade física debe realizarse de maneira continuada evitando paradas innecesarias nas vías ou espazos de uso público. Cado a atención ás condicións físicas da persoa que está a realizar a actividade sexa necesario facer unha parada nas vías ou espazos de uso público, a mesma levará a cabo polo tempo estritamente necesario.