As Pontes, 31 de outubro de 2024. A radio e a televisión municipal das Pontes retransmitirá, a partir do luns, 4 de novembro, a través de internet.
Desde o Concello das Pontes apuntan que “na actualidade, todas as persoas vivimos conectadas online, a través dos dispositivos móbiles temos acceso a todo tipo de contidos, formatos e linguaxe, circunstancia que fai que as plataformas de streaming de video, os formatos de audio, en especial os podcasts, teñan cada vez máis relevancia como fontes de información.
“Poñemos en marcha este proceso de dixitalizacion para dar resposta a esta realidade e complementar, deste xeito, a oferta informativa do Concello das Pontes, achegando os contidos da radio e a televisión local a máis persoas, tanto residentes no municipio como fóra del, aproveitando as múltiples vantaxes que ofrece a dixitalización dos medios de comunicación”, recalca o goberno municipal
Así, a concelleira explicou que a radio, xa se pode escoitar on-line visitando a páxina web https://vive.aspontes.org/, na que se atopa un reprodutor que transmite en directo o sinal que de xeito analóxico se emite a través do 107.5 da FM.
Ponse en marcha tamén dun arquivo sonoro da programación habitual de Radio Eume, e que poderá escoitarse nas principais plataformas de podcast, como Spotify, Apple Podcast ou Amazon Music.
Todas aquelas persoas que queiran suscribirse ao arquivo sonoro de Radio Eume, poden facelo nas seguintes ligazóns:
IVOOX:
https://go.ivoox.com/sq/2483354
SPOTIFY:
https://open.spotify.com/show/4KORFeAPCOKDi4WdWmDjDz
APPLE PODCAST:
https://podcasts.apple.com/us/podcast/radio-eume-as-pontes/id1776586076
AMAZON MUSIC:
https://music.amazon.com/podcasts/63cb4c31-6a0e-4569-a6a5-d27b1a22f3bf
No que respecta a televisión local, RTV Eume contará cunha canle de youtube na que se poderán ver os contidos máis destacados, como o informativo semanal, ou as reportaxes dos diferentes eventos de interese que teñen lugar no Concello das Pontes.
A canle atópase na ligazón https://www.youtube.com/@RTVEumeAsPontes
Dende o Concello das Pontes convidan a toda a veciñanza a suscribirse ás canles dixitais de RTV Eume para poder gozar dos contidos da radio e televisión municipal a través da internet.



























