As Pontes, 29 de decembro de 2025. O Concello das Pontes organiza unha nova edición da Carreira de San Silvestre das Pontes, unha cita deportiva e festiva aberta á participación de persoas de todas as idades, coa que o municipio despedirá o ano nun ambiente lúdico e participativo.

As inscricións realizaranse o propio día da proba a partir das 15:30 horas, mentres que as saídas darán comezo ás 16:30 horas, de maneira consecutiva e segundo se vaia anunciando por megafonía.

A carreira contará cun apartado especial de premios ao mellor disfrace, establecéndose un premio de 50 euros ao mellor disfrace en cada categoría, ademais dun premio especial do xurado por valor de 150 euros. Os premios entregaranse en forma de vales de compra de COHEMPO, que deberán empregarse no comercio e na hostalaría local.

Ao remate da proba, as persoas participantes poderán desfrutar dun avituallamento a base de chocolate con churros. Ademais, a organización contará cun seguro de accidentes para todas as persoas inscritas, garantindo a seguridade durante o desenvolvemento do evento.

Na organización da Carreira de San Silvestre colaboran os clubs deportivos Olympo, Trieume e o Club Ciclista As Pontes, así como COHEMPO, entidade colaboradora que achega os vales premio.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico [email protected] ou no teléfono 634 671 968.

REGULAMENTO: CONSULTAR