As Pontes, 28 de decembro| O primeiro dos catro días do CAMPUS LAGO DAS PONTES 2016 cumpriu coas expectativas. Comezou cunha mañá fría a 3ºC que non desanimou á cincuentena de xogadores de 6 a 17 anos que participan nesta edición. Na súa maioría son ponteses, pero tamén asisten nenos de Narón, Ferrol, Vilalba, etc.

Do mesmo xeito que na edición pasada, a dirección deportiva corre a cargo de Chiqui Barros coa axuda de Héctor Piñeiro.

Contamos con adestradores convidados de gran nivel, como Roberto Carlos Martínez (O Bierzo), Manolo Dá Costa (Vigo), Alberto Rodríguez “Chufi”(exjugador, adestrador e director deportivo do Xuven de Cambados), Juanjo Martínez (Árbitro ACB, Colexio Castelán-Leonés), Samuel Barros (xogador do Narón EBA e selección española Ou18-3X3), ademais dos adestradores do C. B. As Pontes Barcón, Sonia e Elena.

O CAMPUS LAGO DAS PONTES finalizará o vindeiro venres 30 cun acto de clausura no auditorio Casa Dopeso ao que convidamos a acudir.