As Pontes, 26 de agosto|As bandeiras da Casa do Concello das Pontes ondean a media hasta en solidariedade cos centos de vítimas do terremoto de Amatrice en Italia.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, púxose en contacto esta mañá en nome de todas as veciñas e veciños das Pontes co embaixador de Italia en España, Stephano Sannino, para trasladar a solidariedade das Pontes de García Rodríguez co pobo italiano, así como para ofrecer a axuda que desde as nosas institucións podamos prestarlles.

En palabras do alcalde pontés, Europa constrúese coa solidariedade entre os seus pobos cando un país enfróntase a unha traxedia tan amarga.