O Plan de obras e servizos da Diputación de Coruña porá en marcha obras no Concello de As Pontes por un valor próximo ós 700.000 euros. A os que temos que sumar o Plan Municipal de Mellora de Camiños de acceso a Explotacións Agrarias por un importe de 94.415 euros.

As obras están licitadas e adxudicadas e algunha delas pendente de formalización dos contratos de adxudicación.

A rúa da Saúde, cunha mellora da seguridade vial, e as rúas Irmáns Tojeiro, Alcalde Vilavoy Pajón e Soutomaior con un acondicionamento e construcción de beirarrúas recibirán unha inversión de 91.000 euros.

A IV Fase do Poboado do Barreiro, consistente na mellora de pavimentos e servizos, suporá unha inversión de 146.207 euros.

Con un actuación específica de seguridade vial sobre a rúa Covelos, así como a renovación de saneamento e seguridade vial nas rúas Covelos e As Campeiras supón unha inversión de 69.950 euros.

Na reparación de estradas invertiránse 102.201,79 euros, comprendendo a actuación os lugares de O Carballal, O Pazo, Teixedelos, Casa do Vento e o Mazcoto.

O pavillón Polideportivo da Magdalena vai contar cunha inversión de 92.187 euros dirixidos a rehabilitación e labores de conservación da cuberta.

O POS Complementario, que é aquel que se forma polas diferencias económicas entre as licitacións e as adxudicacións, este ano diríxese a IV Fase do Poboado da Fraga coa mellora de servizos e pavimentos por un importe de 117.350 euros.

A todas estas actuacións derivadas do Plan de Obras e Servizos da Diputación da Coruña hai que sumar unha subvención de Promoción Económica a cargo de la Diputación provincial dirixida ás obras de mantemento e conservación do Edificio de usos múltiples Casa Dopeso por un importe de 38.240 euros e ao inicio da construcción de beirarrúas en Chaos de arriba por 19.000 euros.

A todo esto hai que sumar o Plan Municipal de Mellora de Camiños de Acceso a Explotacións Agrarias que o Concello de As Pontes complementa para a realización de obras en A Dá e Somede por un importe de 94.415 euros.

En total, unha inversión próxima ós 800.000 euros que dará comezo en gran medida no mes de setembro e que suporá a cobertura de importantes demandas veciñais.