As Pontes, 5 de Maio do 2017.

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, recollerá a vindeira semana no noso concello as patacas que, segundo o RD 197/2017 do Goberno Central establece o Programa estatal de erradicación de Tecia Solanirova (couza guatemalteca), e deben ser entregadas para a súa destrución.

Os equipos oficiais de recollida da Xunta de Galicia pasarán polos domicilios ponteses en todas as parroquias para a retirada da pataca,

Sete equipos achegaranse a todas as parroquias e irán casa por casa, mesmo a aquelas que non rexistraran prantacións, para recoller as patacas e as sementes en bolsas de plástico abertas que serán precintadas no intre da retirada

As patacas separaranse en bolsas diferentes: unhas con patacas de semente, outras con patacas de consumo da pasada campaña, e outras coas que obrigatoriamente deben estar arrincadas da presente campaña. Os técnicos veñen tan só proceder á recollida pero non retirarán as patacas prantadas, haberá que telas arrincadas previamente.

Logo levantarase acta das cantidades e tipos de patacas (sementa, cultivo, excedente de 2016) coa fin de deixar constancia da entrega, así como para as posibles indemnizacións ás que os agricultores podan ter dereito.

Se algún propietario, excepcionalmente, non pode estar dispoñible nestas datas, deberá comunicalo para que se consensúe unha nova data.

A recollida vai ser o mércores 10 e o xoves 11 en horarios de oito e media da mañá a seis da tarde.