Os peques da Coruña visitan a EcoEscola e Xaraleira

103

As Pontes a 2 de Agosto do 2017

As familias dunha escola infantil da Coruña estiveron hai uns días de visita no proxecto de Turismo Industrial promovido pola Concellería de Turismo e o Instituto de Promoción Económica das Pontes (IPPEC), así como na aula de reciclaxe, EcoEscola das Campeiras.

A primeira parada do traxecto foi nas instalacións da empresa Xaraleira, onde peques e grandes puideron coñecer como se cría a gran familia de micromamíferos que habitan nesta iniciativa empresarial tan curiosa e innadora.

Trala visita aos ratiños, a visita continuou na EcoEscola As Campeiras (www.auladareciclaxe.es), centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxe urbana xestionado polo Concello das Pontes. Na aula da reciclaxe os máis pequenos tiveron a posibilidade de coñecer ao seu habitante Refu, que aproveitou a visita para explicarlles o valor das boas prácticas na xestión dos refugallos domésticos.

Os pequenos visitantes, tamén coñeceron o fermoso lago das Pontes e o Poboado industrial das Veigas e o Bar O Lar, onde comeron antes de comezar a viaxe de volta a súa cidade de orixe.

Para máis información ou para reserva de visitas: www.experienciaindustrial.es

Visita Ecoescola-Xaraleira