Obradoiro Inglés de conversación

131

As Pontes, 29 de setembro|

Obxecto da convocatoria

A presente convocatoria ten por obxecto a selección de nenos e nenas do Concello de As Pontes que participarán no Obradoiro “ Inglés de conversación” e convócanse un total de 45 prazas.

Destinatarios/as

Poderá participar no obradoiro o alumnado, empadroado no Concello de As Pontes, matriculado en Educación Primaria (2017/2018). Os horarios serán os seguintes:

  • 1º e 2º primaria: martes e xoves de 17:00 h -17:45 h
  • 3º e 4º primaria: martes e xoves de 17:45 h -18:30 h
  • 5º e 6º primaria: martes e xoves de 18:30 h –19:15 h

Desenvolvemento do Programa

O programa desenvolveranse en horario de tarde, no Soto da Casa Dr. Dopeso. O número de alumnos/as será de 45 distribuídos en 3 grupos de 15 alumnos/as.

As Faltas de asistencia á clase deberán quedar perfectamente xustificadas polas/os nais/pais do alumnado dentro dos cinco días naturais seguintes á falta. Non se admitirá fora deste prazo ningunha xustificación. No caso de producirse tres faltas no trimestre sen xustificar pasarase a ofertar a praza o seguinte alumno/a da lista de espera. A efectos de xustificación consideraranse algunha das seguintes circunstancias e emisores da xustificación:

  • Enfermidade: xustificante médico.
  • Asistencia a algunha actividade do centro escolar onde está matriculado: excursión, exame…: Informe da dirección do centro.

Con carácter excepcional estudaranse outros casos de difícil xustificación.

Sorteo

No caso de que a demanda existente fose superior ás prazas convocadas a selección do alumnado será mediante sorteo público o cal realizarase na aula polivalente Casa Dopeso o día 9 de outubro ás 10 horas.

Inicio

O inicio do programa será o día 10 de outubro no horario correspondente

Inscricións

O período de formalización das inscricións, será dende o 2 ao 6 de outubro entre as 8:30h e as 14:00 h na oficina administrativa dos Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso)