O Concello de As Pontes leva a cabo a sinalización do Polígono Industrial de Penapurreira. Os acometidos enmarcan a dotación de 2 totem de aluminio (1 en cada acceso á rotonda) de 4000 x 1200 mm con dorso e perfís laterais lacados en vermelloburdeos; 3 paneis con información de sectores, incluíndo o nome das empresas (distribuídos en cada sector do polígono) e 10 sinais de rúas mod. Etoile elegance (situadas segundo esbozo inserido nos totem), co escudo do Concello de As pontes a toda cor e rotulación do nome do polígono industrial. Brazo, gorro embelecedor lateral e kit de fixación lacados en cor burdeos. Resto en aluminio anodizado.

Carracedo, Cartelida, Barosa e Toxo Verde son os nomes utilizados para dita nomenclatura, en recoñecemento e recordo de algúns dos lugares desaparecidos pola actividade da extracción mineira.