POMESA, empresa especializada en estruturas metálicas e pontes grúa, recibiu a 10ª visita do proxecto “As Pontes Experiencia Industrial”. Comezou a xornada cunha introdución á historia desta empresa familiar, que de facer pequenos traballos convertiuse nun referente en fabricación de pontes grúa para a coñecida marca alemana DEMAG, así como grandes estruturas metálicas. Tanto Tania como Francisco Maceira ensinaron a un grupo de 15 persoas o funcionamento das súas instalacións en Penapurreira, e incluso fixeron demostracións con maquinaria moderna.

Unha vez rematada a visita a POMESA, o grupo disfrutou dunha visita guiada polos principais recursos de patrimonio industrial das Pontes. Como ven sendo habitual, algunhos dos asistentes compartiron as súas experiencias co resto do grupo, xa que había extraballadores da mina participando na visita, así como visitantes de fóra das Pontes.

Para apuntarse ás visitas poden entrar en www.experienciaindustrial.com