As Pontes, 14 de marzo| No pleno de hoxe, 14 de marzo de 2018, aprobouse unha moción conxunta de tódolos grupos municipais, para instar a Xunta de Galicia a validación da leí galega de Igualdade, e instar tamén o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a que poña en marcha os mecanismos necesarios para que as mulleres non perdan competitividade nin oportunidades laborais por exercer o dereito a ser nais.

Por todo o exposto se instou:

  • A Xunta de Galicia a levar a cabo un estudo de avaliación da Lei Galega de Igualdade, (con máis de 14 anos de vixencia), así como a levar a cabo a revisión dos protocolos de actuación naquelas situacións de acoso laboral ou discriminación das mulleres.
  • O Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, a poñer en marcha os mecanismos necesarios que garantan o acceso, a promoción e a permanencia en iguais condicións de oportunidades para todas as mulleres que decidan libremente exercer o seu dereito a ser nais, sin que as baixas por maternidade supoñan unha perda de competividade no mercado laboral nin unha eiva no seu desenrolo profesional.