As Pontes, 4 de xullo| O venres día 7 e ás oito do serán, abrirase o prazo para reservar un espazo para a romaxe do 25 de xullo.

Dende a Comisión de festas pregábase aos que acudan, que respecten os recintos que xa van estar sinalizados previamente. Serán os destinados a vías de emerxencias e instalación de sanitarios.

Estará terminantemente prohibido facer reserva algunha antes das oito do venres e, de feito, a policía local retirará calquera balizaxe previa.