As Pontes, 3 de xullo| As Pontes vai estrear o sábado, 8 de xullo, o primeiro Circuito de Travesías ENKI Pro, unha serie de probas deportivas inclusivas e abertas a todos os públicos que combina natación e obstáculos.
Categorías:
– Categorías EnkiPro: distancia 2.000 metros a nado, 15 obstáculos.
– Categoría EnkiPro curta: 1.150 metros a nado, 10 obstáculos.
– Categoría Kids: 300 metros, 7 obstáculos (a participación é adulto + menor)
– Categoría Pezqueñines: pola beira, 7 obstáculos (a participación é adulto + menor)
Totalmente gratuíto e aberto a todos os públicos, habilitásese unha zona de actividades, musica e xogos de sensibilización (slalom en handbike, tenis en cadeira, futbol a cegas, baloncesto en cadeira, rodete…etc). Ás 16h arrincase a actividade, a saída para Kids e Pezqueñines será ás 17h e unha hora despois, ás 18h, as saídas EnkiPro.
Todos os participantes recibirán un gorro, un dorsal calcomanía e unha bolsa de avituallamiento pola inscrición en cada proba.
Podes inscribirte na seguinte ligazón: INSCRIBIRSE