As Pontes únese ao Día Europeo da reanimación cardiopulmonar

273

As Pontes, 11 de outubro| O próximo luns 16 de outubro celébrase o Día Europeo da RCP (reanimación cardiopulmonar). Será na entrada do auditorio Cine Alovi, onde haberá dous instructores de RCP que ensinarán a todos os que acudan as maniobras a realizar no caso de que nos atopemos cunha persoa que está en parada cardiorrespiratoria. Animamos a tódolos veciños de As Pontes a pasar de 10 a 13 h e de 17 a 19 h pola Praza do Hospital para poder practicar cos bonecos a técnica de masaxe cardíaco.

Ademáis durante a próxima semana ditos instructores acudirán ós colexios para ensinar ós alumnos de 5° e 6° de Educación Primaria e 1° e 2° da ESO como actuar nun caso de emerxencia (chamar ó 112 e iniciar as maniobras de RCP) mentras non chegan os equipos sanitarios.

Esperámosvos a todos o día 16!!