As Pontes, 14 de novembro| O Concello de As Pontes presentaba esta mañá ás entidades veciñais o programa de participación directa Liña verde.

Liña Verde é unha ferramenta, que inclúe unha serie de servizos para mellorar a xestión municipal, a resolución de incidencias na vía pública, e fomentar a comunicación cos cidadáns, entre outras utilidades.

A Concelleira de Participación cidadá e Tenente de alcalde, Montserrat García, presentou este proxecto que entrará en funiconamento co início do ano, anque se espera ter xa en probas para decembro.

Os representantes das agrupacións veciñais coñeceron tamén as utilidades desta aplicación que terán ó seu dispor, coa explicación directa do Director de expansión de Liña verde, Fernando Calvo.

Este proxecto de participación cidadá permite que os veciños comuniquemos dun xeito doado e áxil ao Concello todo tipo de incidencias da vía pública ou de servizos a través dunha App ou do portal web.

Podrase enviar un aviso que chegará ao mesmo tempo á Adminiistración e aos técnicos responsables de solventalo. Asemade, pódese engadir unha foto que agregará automáticamente a xeolocalización para ubicar a incidencia comunicada.

Con Liña verde hai tamén unha canle intercativa para acceder a un servizo de consultoría medioambiental a través do que se poderá respostar a calquera dúbida que se plantexe.