As Pontes, 14 de novembro| O Pleno do Concello das Pontes de García Rodríguez, en sesión de data 10/11/2017, aprobou inicialmente a modificación do Regulamento de réxime interior da Escola infantil municipal A Barosa.

En cumprimento do previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, exponse o expediente ao público para que durante un prazo de trinta días os interesados podan formular as alegacións que estimen oportunas.

O expediente pode consultarse na Secretaría do concello en horario de 8:00 a 15:00 horas.
Tamén pode consultarse na páxina web e no taboleiro de anuncios do concello.

O acordo até entón provisional entenderase definitivamente aprobado para o caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxestión.

  • Ver o anuncio: VER
  • Descargar o certificado de aprobación: DESCARGAR