As Pontes, 24 de novembro| A Escola Municipal de Tae Kwon-Do das Pontes en colaboración co Concello das Pontes,  organiza o Campionato Internacional de Tae Kwon-Do CONCELLO AS PONTES na modalidade de técnica, no que se darán cita mais de 150 deportistas entre eles representantes portugueses. A cita é este sábado 26 de novembro a partir das 16:00h no Pavillón Municipal das Pontes, a entrada é gratuíta. Poderán ver entre outros a varios membros da selección nacional e medallistas internacionais.