As Pontes, 24 de novembro| O martes 22 de novembro as Concellerías de Benestar Social e Cultura e Comercio e Hostalaría das Pontes para Conmemorar o Día Internacional en contra da Violencia de Xénero presentaron a campaña Vive en Igualdade, dirixida ao comercio e hostalaría do noso municipio.

Os obxectivos plantexados con esta campaña son os seguintes:

– Concienciar á comunidade na implicación activa cara a igualdade.

– Sensibilizar á poboación pontesa sobre a necesidade dun cambio no modelo relacional entre homes e mulleres.

– Promover cambios nas actitudes sociais cara a igualdade.

– Eliminar xustificacións sobre o maltrato e a violencia de xénero (celos, inseguridade, estrés) que non se activan ante outro tipo de violencias.

– Tolerancia cero á violencia de xénero.

Somos conscientes do papel que cumple este sector na comunidade, sendo un colectivo moi importante e de gran axuda na tarefa de sensibilización e concienciación.

Como a conmemoración do Día Internacional da Muller é o 25 de novembro e a campaña de nadal está ás portas, pareceunos interesante integrar as dúas opción desde unha visión diferente. Por iso o nome de “Vive en Igualdade”. O deseño realizado por Silvia Vivero ten cores que poden integrarse perfectamente nos escaparates o locais comerciais no Nadal

A campaña está destinada a comercios e hostalaría das Pontes e consta do seguinte material:

– Tarxetóns en tres tamaños diferentes con dous tipos de mensaxes:

• E ademais….agasalla ……respecto, igualdade, empatía, espazo de meu, etc. : para comerciantes.

• Unha frase alusiva á igualdade: para a hostalaría.

– Un vinilo, co logo da campaña, para as portas ou os escaparates en dous tamaños diferentes: 29 e 20 cm.

Os establecementos que se queiran adherir á campaña poden achegarse ao Centro de Información á Muller, no segundo andar da Casa Dopeso ata o venres, en horario de 8 a 15:00 horas.