As Pontes, 25 de novembro| Esta semana comeza nas Pontes o “DAC Outono”, iniciativa da Deputación provincial da Coruña que levará diversos espectáculos a diversos Concellos da provincia, entre o que está o Concello das Pontes.

DAC Outono é un programa ideado para os meses de novembro e decembro que busca ser unha “primavera” para a nosa cultura.
Distintos espectáculos de primeira liña dirixidos a todos os públicos traerán aos nosos días as figuras das Irmandades da Fala (Centenario), Manuel María (Día das Letras Galegas) e Castelao (Ano Castelao Artista), protagonistas das efemérides culturais deste ano.
Con especial agarimo polos novos públicos para a cultura galega, DAC Outono Cultural achegarase aos centros de ensino e á rúa cunha aposta específica de calidade para que as crianzas gocen das nosas artes escénicas e participen do seu xogo.
Para todas as idades, os espazos culturais das cabeceiras de comarca abriranse para ofreceren singulares espectáculos que dan medida do extraordinario momento da cultura galega. E fala tamén, da nosa historia, con gabanza, porque nunca o pasado foi tan moderno.”
Nas Pontes contaremos con dous espectáculos orientados á comunidade educativa.
Luns 28 novembro ás 11:30h. “O Conto de Barriga verde” de Manuel María (Casa Dopeso), na que asisitirán os rapaces do CeIP Sta. María

Montaxe que mistura contacontos, monicreques e maxia.
Estreado en Lugo o pasado 8 de maio, entre Avelino González e Fran Rei compuxeron un texto moi aberto a partir da obra de teatro Barriga Verdede Manuel María. Tomaron Barriga Verde como punto de partida para crear un espectáculo que permita aos rapaces e rapazas un achegamento á obra do autor. Así, na presentación dos/as personaxes e doutros elementos empregamos retrincos de poemas de Os Soños na Gaiola e nas partes máxicas a protagonista será unha “variña máxica” chamada Berenguela, construída a partir dunha póla de toxo. En resume, estamos ante unha adaptación libre (pero moi respectuosa) da obra de teatro Barriga Verde, con elementos de Os Soños na Gaiola e Aventuras e Desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela

(axuntamos dossier do espectáculo)
16:30h “Retrincos de Castelao” (no Ies Moncho Valcarce, no que asistiráon alumnos deste centro e do Castro da UZ.
Estreado en Pobra de Brollón (Lugo) o pasado 10 de setembro, Retrincos de Castelao, escrita e dirixida por Diego Rey e protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei, pon en escena cinco historias e 12 viñetas dos libros Cousas, Retrincos e Cousas da Vida, e aborda a figura do xenial Castelao desde catro puntos de vista: o escritor, o humorista, o debuxante e o político.
Ademais o sábado 3 de decembro ás 19:00h contaremos coa Gala da Irmandade no Auditorio M. Cine Alovi na que participarán Maquinaria pesada, Caxade, Mago Teto, Andrés Penabad, Luís Iglesia e Xabier Deive (Boneca Lareta), Os Quinquilláns, Mónica de Nut e Ánxela Blanco e Andrés Penabad.
Podes consultar aquí o folleto : LEER