As pontes, 28 de novembro| O programa “Xoves na biblio” volve cunha nova edición chea de actividades:

  • Obradoiro de iniciación á arte adicado a Piet Mondrian – de 8 a 12 anos, reserva de prazas na biblioteca. Día 1/12 de 16:00 a 17:30h.
  • Clube de libros. Ler e facer – de 10 a 12 anos, reserva de prazas na biblioteca. Día 15/12 ás 18:00h.
  • Decoración de Nadal – decoración da sala infantil da biblioteca. Día 22/12 ás 18:00h.
  • Pablo Díaz, musicanta – obradoiro de canto, música e xogos. Día 29/12 ás 18:00h.