As Pontes, 22 de novembro| O luns 28 de novembro comezará un curso de “Internet Avanzado”.
O obxectivo deste curso é ampliar os coñecementos sobre internet. Veremos blogs e comunidades online, tendas e portais. Tamén participaremos e rexistraremos en estes sitios web para ver as posibilidades de comunicación e información que nos ofrece a rede.
Esta actividade está dirixida a persoas maiores con coñecementos básicos no uso de ordenadores.
Internet Avanzado |
|
Horario |
10 a 12:30 |
Periodicidade |
Luns, martes, xoves e venres |
Duración |
Do 28 de novembro ó 2 de decembro (10 horas) |
Contidos
1) Correo electrónico.
2)Blogs, foros e comunidades online.
3)Rexistro en páxinas e compra online.
4)Almacenamento de arquivos na nube
5)Utilidades para o noso navegador web.
Como todos os cursos que se imparten na aula CeMIT é totalmente gratuíto.
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó
teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.