As Pontes volve sair con bo pé dun dos meses máis aciagos do ano para a creación de emprego

82

As Pontes, 23 de novembro| Os datos arroxados polas estatísticas en outubro volven anunciar un aumento do paro con carácter xeral, se ben se nos atemos ó acontecido neste Concello, tiñamos un repunte do emprego que contradí esta tónica xeral.

Na nosa vila estaban afiliados á Seguridade Social 4.081 veciños ao rematar o mes de outubro, case 80 persoas máis traballando que en setembro.

Logo do paso do verán, co aumento habitual da contratación no sector servizos, ven a cotío un trimestre no que as cifras de paro non se merman ata a chegada das datas do Nadal.

A particularidade pontesa nace do dinamismo que acada neste mes a localidade con citas como o concurso de tapas, a Feira dos Cogomelos, ou o MOVA, o que sumado á intensa actividade en obra pública permitíu que sigamos en números moi positivos.

Ana Pena, Concelleira de emprego, salientaba a satisfacción contida que producían estes datos. “Claro que é unha nova positiva neste intre reducir o desemprego, pero somos comedidos porque o obxectivo vai máis aló, e queremos seguir nesta liña malia termos as competencias moi limitadas nesta materia. Isto reafírmanos na nosa videa de non quedarnos nas dificultades que temos para inervir no foemnto do emprego, e si explotar todas as vías que temos abertas. Nestes meses temos xa en marcha o Obradoiro de emprego e vimos de comezar novas accións formativas. Se a isto lle sumamos a dinamización social que perseguimos dende todos os departamentos Municipais, cremos que as cifras demostran que estamos no bo camiño para seguir pasiño a pasiño aportando o noso gran de area no fomento da empregabilidade, pero evidentemente non imos baixar os brazos”.

Dende o Concello, recoñecendo que as competencias limítanos moito en materia de promoción de emprego, vese un refrendo á súa política de apoiar iniciativas dinamizadoras que impuslan o consumo e con elo o emprego, e esperan que a Campaña de Nadal, con toda a dinamización que aportará un ambicioso programa xa ultimado redunde nunha maior ocupación laboral.