As Pontes, 23 de novembro| Será no Lar e ás oito do serán, e impartida por técnicos do Distrito Forestal de Ferrol, que é ao que lle corresponde a esta zona.

A asistencia será aberta, e nela explicaranse as novidades lexislativas de aplicación no ámbito das comunidades de montes veciñais en man común e resolveran calquera dúbida ou cuestión que se lles queira formular ao respecto.

A prevención de lumes obriga a manter as zonas perimetrais do monte despexadas de maleza e arborado para evitar situacións conflictivas, pero esta normativa autonómica ten un cumprimento moi escaso.

Os poñentes serán o propio Xefe do Distrito Forestal de Ferrol, Jorge Vázquez, e a técnica de distrito, Mónica Estévez.

Tentarán achegar unha aplicación práctica ás leis vixentes, a de montes e a de prevención e defensa contra os incendios.