As Pontes, 22 de novembro| Prado Ventura Hípica, organiza este obradoiro de motivación ao deporte e ao exercicio físico coa colaboración do Concello de As Pontes. Aposta pola difusión da práctica deportiva como unha actividade complementaria da saúde mental. O lema ” Mens sāna in corpore sānō” fai referencia á necesidade de dispoñer dun espírito equilibrado nun corpo equilibrado.
Con esta finalidade, organízase este curso os catro domingos do mes de xaneiro de 2018.
É para ti, se…
- Queres facer deporte e non sabes por onde empezar
- Queres vencer o sedentarismo
- Queres baixar de peso
- Queres vincularche a un deporte e non o fas por condición física
- Queres aumentar ton muscular
- Queres adquirir hábitos saudables
- Queres coidarche máis
- Sentes que necesitas un acompañamento para adestrar