As Pontes, 18 de novembro| O vindeiro domingo día 20 de novembro de 2016, celebrarase nas instalacións do polideportivo municipal das Pontes ás 10:00h o Campionato provincial – A Coruña – XVII Trofeo de karate Concello das Pontes, organizado polo club de karate Renbukan – As Pontes en colaboración coa Federación Galega de karate e D.A e patrocinado polo Concello das Pontes.
No devandito evento participan un total de 150 deportistas nas categorías de benjamín, alevín, infantil e xuvenil na modalidade de kata individual, pertencentes a 14 clubs da provincia da Coruña que a continuación se relacionan:
– E. Karate Val do Dubra (Val do Dubra)
– Bunkai (Ferrol)
– Shitokai Mugardos ( Mugardos)
– E.S. Karate Narón (Narón)
– Renbukan (Ferrol)
– E.K. A Gándara (Narón)
– Shingi Tai (Betanzos)
– Grupo Bazán (Ferrol)
– Artes Marciales Fene (Fene)
– Karate do Carballo (Carballo)
– Casino de Ares (Ares)
– Escuela de karate Cedeira (Cedeira)
– Akairyu (Negreira)
– Renbukan – As Pontes (As Pontes)