As Pontes, 18 de novembro| As concellerías de Cultura e Benestar Social comezan as sesións de Relendo a Vida conversando con Montse Fajardo, autora de Un cesto de mazás, Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu. Montse Fajardo, a través das 16 historias de represión contadas por persoas próximas ás protagonistas quere dar voz a tódalas vítimas do 36 e tamén ás que non foron consideradas como tales.

En verbas da propia autora: “Viúvas abrigadas a sacar adiante aos seus, criaturas orfas que non puideron volver á escola porque non estaba permitida a entrada ás fillas de rojos, nais que saen á rúa pola noite porque os vellos din que a Santa Compaña andan cos mortos e elas queren ver aos seus fillos fusilados unha vez máis…..”

Mércores 23 de novembro ás 19:00 na Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco.